Visitas ao hotel Finisterre e Melia, e o restaurante Árbore da Veira

Continúan as visitas do noso alumnado ás empresas do sector para coñecer as súas instalacións e escoitar de man dos profesionais como se desenvolve a súa actividade no día a día.
O alumnado de dirección de cociña e dirección de servizos fixeron varias visitas nas que puideron coñecer o restaurante Árbore da Veira e os hoteis Finisterre e o hotel Melia.
Ademais, aproveitaron unha das saídas para visitar as instalacións de Sogama e ver como se xestiona a grande cantidade de resíduos que se xeran a diario. Esta visita, que se repite cada curso, ten como finalidade concienciar ao alumnado da importancia non só de reciclar, senón tamén de reducir o consumo e xestionar eficazmente o que desbotamos, tanto na súa vida persoal como cando sexan profesionais incorporados ao mercado laboral.

Restaurante Árbore da Veira NH Collection A Coruña Finisterre Sogama
#ecopaseo#consumoresponsable#cifp_paseodaspontes#formandoprofesionais#sostibilidade#FPGalicia#somospaseodaspontes

Deixa unha resposta

Start typing and press Enter to search