SOLICITUDES
- Solicitude xenérica: empregue este documento para calquera tipo de petición que queira facer chegar á dirección do centro.
- Solicitude de admisión de prazas liberadas (fp dual)
- Solicitude de admisión Autorización de recollida durante a xornada escolar de alumnado de FP Básica.
- Solicitude de anulación /baixa voluntaria de matrícula.
- Solicitude de renuncia á matrícula.
- Solicitude de realización da proba extraordinaria antes da 2º avaliación, para alumnado de 2º curso. O alumnado poderá solicitar a realización da proba extraordinaria ÚNICA antes da avaliación do 2º trimestre nos módulos nos que presenta PD. A solicitude de adiantamento da proba extraordinaria implica todos os módulos que teñan PD, non sendo posible presentar solicitudes individuais para cada módulo.
- Solicitude de cambio/actualización de datos do alumnado: s datos do alumnado que figuran na base de datos do centro son aqueles que este facilita á hora de facer a matrícula, e polo tanto, os que se empregarán para calquera tipo de comunicación entre o alumnado e o centro. Se ao longo do curso o alumnado quere modificar os datos facilitados (por exemplo, dirección do alumnado, conta de correo electrónico), deberá solicitalo por escrito na secretaría do centro presentando o seguinte documento.
- Solicitude de matrícula: este impreso é válido para alumnado que promocione a segundo curso.
- Solicitude de exención da FCT: empregue este documento para solicitar a exención do módulo de formación na empresa naqueles casos no que o alumnado poida aportar experiencia profesional mínima de 1 ano no mesmo perfil profesional que o ciclo.
- Solicitude de validación de módulos: documento para solicitar a validación de módulos que se tramitan no propio centro educativo.
AUTORIZACIÓNS
- Autorización de información a terceiros: por cuestións de protección de datos, a información sobre o alumnado é privativa do mesmo. Se vostede quere que se informe a unha terceira persoa sobre o seu expediente deberá autorizalo previamente presentado o seguinte documento.
- Autorización de representación a terceiros: se necesita facer algún trámite no noso centro e vostede non pode vir en persoa, poderá autorizar a un terceiro a actuar no seu nome. Para iso é necesario presentar o seguinte documento perfectamente cumprimentado.
RECLAMACIÓNS
- Reclamación xenérica: empregue este documento para reclamacións de tipo xeral. No caso de reclamacións sobre a avaliación, deberá solicitar no centro o modelo específico.