Erasmus+ Job-Shadowing-Profesorado con el Lycée Jean Moulin en Béziers 22-23- Industrias Alimentarias e Téxtil

Erasmus visita Profesorado al Lycée Ambroise Croizat en Moûtiers–FRANCIA 22-23- Hostelería y Turismo

O coordinador de Programas Internacionais, visitou o Instituto de Hostelería I.I.S.S. Don Calogero Di Vincenti, en Bisacquino en Italia

Erasmus+ en Noruega: Intercambio de experiencias e aprendizaje no sector agroalimentario.
Lugar: Finnsnes (Norte de Noruega): estancia de cinco días colaborando co centro Senja Secondary School (Senjavideregâendeskole).
Nannessatd (preto da capital, Oslo): estancia de un día colaborando co centro educativo Nannsatd Seccondary School (Nannestadvideregâendeskole). Datas: maio 2024.

O departamento de Industrias Alimentarias traspasa fronteiras co programa Erasmus+. A docente Raíña, pertencente ao departamento de Industrias Alimentarias, levou a cabo recentemente un enriquecedor proxecto de mobilidade internacional enmarcado dentro do programa Erasmus+. Esta experiencia formativa internacional constou de dúas estancias clave en Noruega: unha principal de cinco días na localidade norteña de Finnsnes (en pleno contorno ártico) e outra xornada complementaria preto da capital, en Nannestad. 
Obxectivos do proxecto: o viaxe estivo enfocado baixo a metodoloxía de jobshadowing (aprendizaxe por observación), perseguindo metas fundamentais para a innovación dos nosos ciclos formativos.
 
Innovación metodolóxica: observar de primeiraman os métodos de ensino, ferramentas tecnolóxicas e dinámicas de avaliación teórica e práctica aplicadas no sistema educativo noruegués. 
 
Infraestruturas e recursos: coñecer a maquinaria de última xeración, laboratorios de procesamento de alimentos (como talleres de panadaría, cociña e elaboración de produtoslocais tipo Fenalar) e a organización dos recursos cos que traballan os centros de formación profesional do país nórdico. 
 
Curiosidades do sistema educativo noruegués ao longo da estancia, puideron contrastarse chamativas diferenzas e fortalezas do modelo educativo e do día a día no país.
 
Primeiro ano común: No sistema de formación profesional noruegués, o primeiro ano de estudos está unificado para as especialidades de panadaría, cociña, industrias alimentarias e servizos de restauración. É no segundo ano cando o alumnado toma a decisión de especializarse. 
 
Contorno e vida ártica: Na zona do norte (Senja), as condicións climáticas marcan a rutina escolar. Durante o inverno, a ausencia de luz solar compénsase con pistas de esquí totalmente iluminadas que permiten aos estudantes realizar actividades ao aire libre directamente ao saír de clase. 
 
Esta mobilidade non só permite importar ideas innovadoras ás nosas aulas do departamento de Industrias Alimentarias, senón tamén afianzar lazos internacionais para futuros proxectos de intercambio e colaboración que beneficien directamente ao noso alumnado.¡Parabéns a Raíña por representar de maneira excelente ao noso centro en terras norueguesas! 
 

Erasmus+ en Turquia profesorado FOL 2025-26

O pasado mes de maio a profesora Ana López Ulloa, do Departamento de FOL do CIFP Paseo das Pontes, participou con Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131-HED-000237224 nunha estadía formativa no Instituto Şule-Muzaffer Büyük Kız Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi, situado en Manavgat, provincia de Antalya (Turquía). Trátase dun centro público dependente do Ministerio de Educación Nacional. Ten a distinción de ser o único centro de toda a provincia de Antalya acreditado pola Axencia Nacional turca do Ministerio de Asuntos Exteriores para programas de mobilidade internacional.
A estadía enfocouse principalmente na área de hostalería, na que o centro ten unha destacada traxectoria en competicións nacionais e internacionais. Entre os seus logros máis salientables figura o segundo posto de Turquía no VII Campionato Internacional do Gorro de Ouro de Cociñeiros, celebrado en Antalya EXPO Center, así como o segundo posto en competicións de servizos de aloxamento (Housekeeping Olympics)

Start typing and press Enter to search