Instalacións

O centro conta cun patio central descuberto ao redor do cal se distribúen, ao longo de 5 pisos, as distintas aulas e espazos administrativos.

Na pranta baixa, pola que se accede ao edificio, o visitante atopará á dereita a secretaría e a esquerda a conserxería. Nesta mesma pranta sitúanse as aulas de informática, os talleres de panadaría e a biblioteca, así como aulas comúns para as clases teóricas.

No primeiro andar están os talleres de téxtil, os de cociña e os de servizos, así como as oficinas de dirección.

Na segunda pranta atópanse os despachos das distintas coordinacións e departamentos.

Tanto nos andares -1 e – 2 sitúanse aulas comúns. No -1 están ademais os talleres de industrias alimentarias. A aula de cata e o espazo de usos múltiples atopámolos no andar -2.

Destacar tamén que o centro conta cun Viveiro de Empresa, que pretende dar soporte ao alumnado que queiran poñer en marcha o seu proxecto empresarial, e cunha aula de emprendemento desde a que fomentar e poñer en valor a cultura empredendora.

Instalacións
  • Aulas de informática: 3 
  • Taller aloxamento: 1 
  • Taller de panadaría: 2 
  • Taller de cociña: 3 
  • Taller de cafetaría: 2 
  • Taller restaurante: 1 
  • Aula de cata: 1 
  • Taller de lavandería: 1 
  • Taller de confección: 3 
  • Taller de arranxos: 1 
  • Taller de patronaxe: 1 
  • Laboratorio téxtil: 1 
  • Laboratorio fisicoquímico: 1 
  • Laboratorio microbioloxía: 1 
  • Planta de elaboración: 1 
  • Taller de industria alimentaria: 1 
  • Biblioteca e sala de lectura: 1 
  • Economato: 1 
  • Viveiro de empresas 
  • Vestiarios para alumnado e profesorado
  • Salón de claustro 
  • Aparcamento (exclusivo profesorado)
Próximos eventos
<< Sep 2023 >>
lmmjvsd
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Start typing and press Enter to search