Que obtés coa acreditación de competencias?
Un certificado oficial válido en toda España que demostra a túa experiencia e coñecemento, e que pode axudarte a mellorar o teu futuro profesional.
Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.
Experiencia laboral:
- Nivel 1: Máis de 18 anos con 2 anos de experiencia e 1200 horas traballadas.
- Nivel 2 e 3: Máis de 20 anos con 3 anos de experiencia e 2000 horas traballadas.
Formación non formal:
- Nivel 1: Máis de 18 anos con un mínimo de 200 horas de formación.
- Nivel 2 e 3: Máis de 20 anos con un mínimo de 300 horas de formación.
As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición.
A solicitude de participación no procedemento de avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias (Procedemento ARA) deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia:
Previamente deberán cubrise os datos correspondentes a través da aplicación informática ACREDITA: http://www.edu.xunta.gal/fp/acredita.
Prazo de solicitudes: Procedemento aberto con carácter permanente.
- Asesoramento.
Nesta fase unha persoa asesora axudará ás persoas solicitantes a recoller todas as probas que poidan achegar para defender a súa competencia profesional: Proxectos, traballos realizados, certificados de estudos, cursos, referencias, informes e certificados de empresas. - Avaliación das competencias profesionais.
A comisión de avaliación empregará os métodos que considere necesarios para comprobar o exposto na documentación achegada na fase de asesoramento. Poden ser, entre outros, a observación directa no posto de traballo, simulacións, probas estandarizadas de competencia profesional e/ou entrevista profesional. - Acreditación e rexistro das competencias.
Cando se supere o proceso de avaliación obterase un certificado de acreditación de cada unha das unidades de competencia nas que se demostrara a competencia profesional.
Con carácter xeral, o desenvolvemento do proceso terá lugar en centros educativos con oferta de formación profesional: centros integrados de formación profesional e institutos de educación secundaria ou outros centros educativos que se determinen en caso de ser necesario.
Para ter dereito a participar en cada unha das fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata admitida ao procedemento terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes nun prazo de 10 días hábiles contados desde a comunicación, a través do sistema de información ACREDITACIÓN, da admisión na fase de asesoramento ou na fase de avaliación, segundo proceda.
- Descarga aquí a presentación sobre o procedemento ARA.
- Máis información no seguinte enlace Acreditación de competencias | Xunta de Galicia