Previous slide
Next slide

O centro

O noso centro créase en 1999 e case que dende os inicios incorpora a súa oferta formativa ensinanzas de Formación Profesional.

Dende o 2011 o CIFP Paseo das Pontes pertence á rede de centros integrados de Formación Profesional e un ano despois obtén a certificación para o Sistema de Xestión da Calidade (ISO:9001:2015).

A nosa responsabilidade é liderar e ser referente da formación no sector da Hostalaría, da Industria Alimentaria e do Téxtil, familias que poden estudarse no noso centro.

Centrados no alumnado coma protagonista indiscutible, pretendemos desenvolver o capital humano investindo en intelixencia, ofrecendo accións formativas que incorporan factores de innovación, excelencia e tradición, que fagan posible a achega de solucións, atentos á exixencia actual de cohesión dos sistemas educativo e produtivo.

Finalmente é a nosa vocación engadir valor á sociedade e aos sectores das nosas familias profesionais en particular, procurándolles aos profesionais presentes e futuros as competencias necesarias para emprender os retos de flexibilidade, reciclaxe, acreditación e formación ao longo da vida que tanto demanda o mercado laboral. Por iso, ademais de ciclos de grao básico, medio e superior, no noso centro é posible acreditar competencias profesionais ou participar en accións formativas para desempregados.

O compromiso do centro por acadar un ensino de calidade reflíctese tamén na nosa visión e valores.

Próximos eventos
<< Abr 2024 >>
LMMXVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 1 2 3 4 5

 

Axúdanos a mellorar.

¿Tes dúbidas? Pregúntanos no mail info@paseodaspontes.gal.

Horario

HORARIO DO CENTRO:

De 8,15 a 22,15 h

HORARIO LECTIVO E DE ATENCIÓN AL PÚBLICO:

De 8,30 a 22,00 h

HORARIO DE SECRETARÍA:

Mañás: De luns a venres de 9,00 a 14,00 h

Tardes: luns e mércores de 16,30 a 18,30 h

HORARIO DE DIRECCIÓN: Mañás de 8,30 a 21,00

Documentación de interese

Localización y contacto

Dirección:

R/San Pedro de Mezonzo nº 4 – 15004 A Coruña

Tfno: 881 96 10 30

e-mail: cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal

Coordenadas GPS:
43,362419, -8,414880

Como chegar:

O CIFP Paseo das Pontes atópase moi preto do cruce entre a Ronda de Nelle e a Avenida de Finisterre, a uns 20 minutos andando dende a Estación de Trens e a uns 25 da Estación de Autobuses da Coruña.

A parada de bus máis próxima á noso centro é a da Ronda de Nelle 130, que cubre a liña 12. Podes consultar outras paradas próximas en:

http://www.tranviascoruna.com/gl/lineas-y-horarios/

Start typing and press Enter to search