Accións Formativas para Desempregados

O CIFP Paseo é un centro autorizado oficialmente para impartir Accións Formativas para Desempregados (cursos AFD) organizados polo Ministerio de Trabajo, Migración y Seguridad Social, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Con estes cursos preténdese mellorar o itinerario formativo das persoas, principalmente das desempregadas, co fin de aumentar as oportunidades de insertarse no mercado laboral e a obtención dun certificado de profesionalidade, o que ao ser un documento oficial, incrementará o valor do teu currículo e as posibilidades de que sexa máis valorado nun proceso de selección de persoal na empresa privada.

Os cursos AFD que soen impartirse no noso centro están relacionados coas tres familias profesionais nas que temos oferta de ciclos FP. Soen ter unha duración de 4 a 6 meses e impártense habitualmente en horario de tarde.

A superación destes cursos permite a acreditación de competencias profesionais e a obtención dun certificado de profesionalidade.

Para ver a oferta de cursos AFD podes consultar o seguinte enlace: ofertas cursos AFD.

Como me inscribo?

  • Primeiramente tes que estar inscrito como demandante de emprego nunha das oficinas do INEM
  • Podes anotarte directamente na oficina de emprego ou ben no propio centro educativa, pero ten en conta que terán preferencia os candidatos facilitados pola oficina de emprego
  • Antes do inicio da formación, farase unha selección entre todos os candidatos para determinar cales son os que finalmente acceden á formación

Ten en conta o nivel de cualificación do curso: os de nivel 1 non esixen requisitos académicos nin profesionais previos, pero por exemplo, para os de nivel 2 é preciso ter a ESO (ou superada a proba de acceso a grao medio) ou un certificado de profesionalidade de nivel 2. Podes consultar toda a información sobre os certificados de profesionalidade no seguinte enlace: máis información.

Próximos eventos
<< Mar 2024 >>
LMMXVSD
26 27 28 29 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
  • HOTR018 Operacións básicas de cociña.
  • HOTR0280 Operacións básicas de restaurante e bar.
  • TCPF0109 Arranxos e adaptación de pezas e artigos en téxtil e pel.
  • HOTR0109 Operacións básicas de pastelaría.
  • INAF0108 Panadaría e bolaría.

Start typing and press Enter to search