Organigrama
Equipo directivo.
É o responsable máximo do CIFP Paseo das Pontes, asumindo as funcións de representación coordinación e liderado do centro educativo.
Responsable da área de calidade, innovación e orientación profesional
Serán responsabilidade desta área a xestión da calidade, a innovación educativa e tecnolóxica, a formación do profesorado, os programas internacionais, a relación coas empresas, institucións, asociacións e outro colectivos, a información e a orientación profesional, a organización e a xestión de probas e procedementos para a obtención dun título de formación profesional por vías diferentes á formación profesional inicial. Son funcións específicas desta área:
- Coordinar e velar pola execución das actividades de orientación do profesorado e do alumnado, de acordo co plan anual, así como orientar a acción dos titores e das titoras, consonte o plan de orientación e de acción titorial.
- Organizar o procedemento para o deseño de itinerarios formativos para o alumnado que participe no procedemento para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional.
- Impulsar proxectos relacionados coa cultura emprendedora, así como apoiar proxectos empresariais ou de autoemprego e ideas de negocio que, de ser o caso, poidan xurdir no ámbito do centro integrado, e formular propostas para fomentar a cultura empreendedora nas actividades que se desenvolvan no centro integrado.
- Planificar o procedemento de seguimento e avaliación do grao de inserción laboral do alumnado, así como do seu nivel de satisfacción.
- Coordinar a implantación e o desenvolvemento, baixo o liderado da dirección do centro, do sistema de xestión da calidade e mellora continua, establecendo e aplicando os critérios de calidade e os indicadores que figuren no proxecto funcional do centro integrado.
- Fomentar e planificar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, e os proxectos de investigación, dirixindo propostas ás outras áreas do centro integrado para o seu estudo e a súa participación.
- Fomentar e planificar o deseño de proxectos de uso pedagóxico das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e de proxectos de innovación e investigación relacionados con estas tecnoloxías.
- Fomentar proxectos de colaboración con universidades e outros centros de ensino.
- Coordinar e fomentar o uso das novas tecnoloxías no ámbito do centro para a mellora da calidade das ensinanzas impartidas, así como coordinar e xestionar a implantación e o desenvolvemento da plataforma dixital e da aula multimedia do centro.
- Supervisar e coordinar o mantemento do equipamento do centro relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación.
- Dirixir o plan interno de actividades de formación do profesorado do centro integrado, en función das necesidades detectadas e coordinando o seguimento destas actividades.
- Fomentar a participación do centro en programas internacionais, así como divulgar e informar sobre as convocatorias oficiais.
- Supervisar a realización do programa de formación en centros de traballo, así como darlle publicidade a nivel interno e externo, e organizar o seguimento da elaboración dos convenios de colaboración coas empresas para a realización do módulo de formación en centros de traballo.
- Fomentar a relación do centro integrado coas empresas do ámbito produtivo, así como identificar as necesidades formativas dos sectores produtivos e proporlle á xefatura da área de formación as actividades de formación axeitadas ás necesidades identificadas.
- Promover acordos, convenios e colaboracións necesarias no ámbito da calidade, da formación, da innovación e das TIC con empresas, entidades ou institucións do ámbito do centro integrado.
- Organizar, coordinar e supervisar o procedemento para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional e realizar o seu seguimento, así como proporlle á dirección a constitución de comisións de avaliación, cando sexa necesario.
- Organizar, coordinar e supervisar o procedemento das probas que se realicen no centro, de acordo coa convocatoria da Administración competente, así como proporlle á dirección a constitución dos equipos de profesorado para a súa realización.
Responsable da área de formación.
Asume a responsabilidade na organización e xestión das actividades formativas. Desta área depende todo o persoal docente do centro integrado. Son funcions desta área:
- Exercer, por delegación da dirección e baixo a súa autoridade, a xefatura do persoal docente e do alumnado, en relación co réxime académico e disciplinario.
- Elaborar as propostas de oferta das ensinanzas do centro.
- Planificar todas as ensinanzas que se impartan no centro, actualizando a distribución de espazos.
- Coordinar propostas para a redacción das correspondentes programacións das ensinanzas.
- Organizar, coordinar e supervisar as actividades e as probas de avaliación das actividades formativas impartidas no centro.
- Coordinar e velar pola execución das actividades formativas do centro en relación co proxecto funcional e o plan anual.
- Elaborar os horarios correspondentes á oferta formativa e ao profesorado, en colaboración coas persoas que representen os restantes órganos unipersoais, de acordo cos criterios aprobados no plan anual de centro integrado.
- Proporlle á Administración educativa as necesidades de profesorado, tanto na creación como na supresión de prazas, segundo as necesidades da oferta formativa do centro integrado.
- Coordinar a acción dos titores e das titoras coas achegas do departamento de información e orientación profesional, e consonte o plan de orientación académica, profesional e laboral e de acción titorial.
- Establecer os mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado e calquera outra eventualidade que incida no normal desenvolvemento da actividade do centro.
- Organizar os actos académicos e coordinar as actividades dos departamentos das familias profesionais presentes no centro integrado.
- Coordinar a actividade docente do centro, con especial atención aos procesos de avaliación, adaptación curricular e actividades de recuperación, reforzo e apoio.
- Facilitar a organización do alumnado e impulsar a súa participación no centro integrado.
- Facilitar a coordinación das accións da biblioteca e as actividades de promoción de idiomas.
Responsable da área de administración e xestión.
Correspóndelle a responsabilidade na administración e na xestión económica, administrativa, de material, de prevención de riscos laborais. Igualmente é a responsable do persoal non docente do centro integrado. Son funcións desta área:
- Ordenar o réxime administrativo do centro integrado, consonte as directrices da dirección.
- Arquivar, divulgar e darlle a coñecer á comunidade do centro a normativa que lle afecte.
- Establecer o plan de autoprotección, a súa modificación, de ser o caso, ou a correspondente observación, segundo a normativa.
- Encargarse da xestión económica e administrativa integral do centro.
- Elaborar o anteproxecto de orzamento do centro de acordo coas directrices do consello social.
- Ordenar o réxime económico do centro consonte as instrucións da dirección, levar a contabilidade e render contas ante o consello social e as autoridades correspondentes.
- Xestionar os acordos ou os convenios necesarios tanto para o funcionamento do centro integrado como para as actividades formativas con empresas, con entidades e com outras administracións, dentro dos límites establecidos pola normativa.
- Actuar como secretario ou secretaria dos órganos colexiados de participación, levantar a acta das sesións e dar fe dos acordos, co visto e prace da dirección.
- Custodiar os libros e os arquivos do centro integrado.
- Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación da dirección, a actividade e o funcionamento do persoal de administración e servizos adscrito ao centro integrado.
- Expedir as certificacións que soliciten as autoridades e as persoas interesadas.
- Custodiar o inventario xeral do centro e mantelo actualizado, coa colaboración das persoas responsables dos departamentos.
- Custodiar e dispor a utilización dos materiais didácticos, da moblaxe e de calquera outro material catalogado como inventariable.
- Velar polo mantemento material do centro en todos os seus aspectos, de acordo coas indicacións da dirección e consonte a normativa.
- Organizar, conxuntamente cos restantes membros dos órganos de goberno unipersoais e dos departamentos, as actividades complementarias e extraescolares que se realicen.
- Coordinar a organización das viaxes de estudos, os intercambios escolares e calquera tipo de viaxe que se realice con alumnado, en colaboración coa xefatura de calidade, innovación e orientación profesional, de ser o caso.
- Distribuír os recursos económicos destinados ás actividades complementarias procedentes de achegas de institucións, asociacións ou do propio centro, logo da aprobación polo consello social.
Departamentos.
Responsable: Ana Calviño Bestelleiro
Correo electrónico: xescal.cifp.paseo.das.pontes@edu.xunta.gal
Son COMPETENCIAS deste departamento:
1. Deseñar e implantar os procedementos do plan de xestión de calidade e mellora continua, garantindo o seu desenvolvemento e o seu mantemento no funcionamento do centro integrado.
2. Dirixir e coordinar as auditorías internas ou externas en función do establecido no plan de xestión de calidade.
3. Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas.
4. Realizar o seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.
5. Organizar o mantemento do equipamento do centro relacionado coas tecnoloxías da información.
6. Velar polo perfecto funcionamento da plataforma dixital e, de ser o caso, da aula multimedia do centro.
7. Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións, coas correspondentes propostas de mellora de cara ao futuro.
8. Aqueloutras funcións que a Administración educativa ou a dirección do centro lle poidan asignar.
Forman parte deste departamento as coordinacións de innovación e formación do profesorado, de tecnoloxía da información e da comunicación (TIC) e de programas internacionais.
Responsable: María Dolores Seoane Iglesias
Correo electrónico: acreditacion.cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal
Son FUNCIÓNS deste departamento:
- Coordinar, organizar, realizar o seguimento e avaliar o desenvolvemento do procedemento para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional.
- Coordinar, organizar, realizar o seguimento e avaliar o desenvolvemento de calquera proba que se realice no centro, de acordo coa convocatoria da Administración competente.
- Proporlle á xefatura da área de calidade, innovación e orientación profesional a composición de asesores e asesoras, e comisións de avaliación para participar no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación das competencias profesionais.
- Proporlle á xefatura da área de calidade, innovación e orientación profesional a composición do equipo de profesorado na realización e na avaliación das probas convocadas pola Administración competente.
- Coordinar e realizar o seguimento das reclamacións, de ser o caso, que afecten os procedementos para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e as probas que a Administración correspondente convoque, de acordo coas deliberacións das comisións ou os membros da familia profesional participantes nos procesos, e elaborar os informes pertinentes.
- Elaborar a programación do departamento e a memoria que avalíe todas as actuacións, coas correspondentes propostas de mellora de cara ao futuro.
- Aqueloutras funcións que a Administración educativa ou a dirección do centro lle poidan asignar
Responsable: José Alvite Tomé
Correo electrónico: empresas@paseodaspontes.gal
Responsable: Ana Canal Barrientos
Correo electrónico: orientacion.cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal
Responsable: Susana Díaz Reigosa
Correo electrónico: hostaleria@paseodaspontes.gal
Responsable: Manuela Romero Morente
Correo electrónico: textil@paseodaspontes.gal
Responsable: Beatriz Julia López Prado
Correo electrónico: industrias@paseodaspontes.gal
Responsable: Begoña Castro Rodríguez
Correo electrónico: FOL@paseodaspontes.gal
Responsable: Begonia Iglesias Carballo
Correo electrónico: idiomas@paseodaspontes.gal
Coordinacións e outros.
Responsable: Amparo Fernández
Correo electrónico: tics@paseodaspontes.gal
Responsable: María Polo Piñeiro
Correo electrónico: formacion@paseodaspontes.gal
Responsable: Roberto Bermejo González
Correo electrónico: internacional@paseodaspontes.gal
Responsable: Francisco Pérez Cotelo
Correo electrónico: galego@paseodaspontes.gal
Responsable: Begonia Iglesias
Correo electrónico: idiomas@paseodaspontes.gal
Responsable: Ana Lorenzo
Responsable: Alejandro Loimil Iglesias
Correo electrónico: empresas@paseodaspontes.gal
[Pendiente]
Próximos eventos
- Rúa San Pedro de Mezonzo 4 - 15004 A Coruña
- 881 96 10 30
- cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal