Diapositiva anterior
Diapositiva siguiente

Cultura emprendedora

Un dos obxectivos do CIFP Paseo das Pontes é o fomento da cultura emprendedora entre o noso alumnado. Para iso leva a cabo distintas accións, nas que as empresas teñen unha presencia importante.

Aulas de emprendemento

O CIFP Paseo das Pontes conta, dende o ano 2021, cunha aula de emprendemento, enmarcada dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, que leva a cabo a Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional para o desenvolvemento do Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad enmarcado na segunda fase do Plan Estratégico de la Formación Profesional, na Agenda 2030 e nos Objetivos de Desarrollo Sostenible del Estado.
O programa Aulas de emprendemento na formación profesional ten como obxectivo a creación de aulas de emprendemento nos centros educativos públicos que impartan ensinanzas de grao medio ou superior de formación profesional co obxectivo de canalizar as iniciativas emprendedoras do alumnado, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.

Viveiro de empresas

Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia.

Asesoramento:

  • Formación e apoio do profesorado que imparte formación relacionada co sector no que se desenvolverá o teu proxecto.
  • Titoría pola coordinadora ou coordinador de emprendemento, responsable do seguimento e da orientación no teu proxecto.
  • Asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE.

Instalacións:

  • Locais axeitados para o desenvolvemento de actividades das persoas emprendedoras.
  • Moblaxe básica propia dunha oficina, cos equipamentos informáticos e de telecomunicacións axeitados.

Servizos:

  • Servizos asociados ás infraestruturas (seguridade, limpeza, luz, etc.).
  • Servizos auxiliares da actividade empresarial como conexión a internet.
  • Difusión da túa empresa a través da páxina web www.edu.xunta.es/fp
  • Alumnado matriculado (ou que rematara os seus estudos nos últimos catro anos) nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: formación profesional, artes plásticas e deseño; superiores de deseño, de conservación e restauración de bens culturais, de arte dramática, de música, de danza; deportivas, bacharelato e educación secundaria para persoas adultas (ESA).
  • Ter un proxecto empresarial a desenvolver na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Presentar un Plan de Empresa que garanta a viabilidade do proxecto.

Anímaste a emprender?

Se tes unha idea de negocio ou empresarial e queres emprender, podes acudir directamente no noso centro:

  • Responsable:
  • Contacto: viveiro.cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal

Ou contactar coa Rede de viveiros de empresas e de aulas de emprendemento da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través deste formulario: https://www.edu.xunta.gal/fp/eduemprende-formulario-asesoramento-viveiros

Para calquera dúbida sobre a solicitude, podes poñerte en contacto coa Rede mediante os números de teléfono 981 54 65 64, 881 99 65 21 ou do correo solicitudes.eduemprende@edu.xunta.gal

Próximos eventos
<< Oct 2024 >>
lmmjvsd
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3
Proxectos emprendedores desenvoltos no CIFP Paseo das Pontes

Proxectos emprendedores.

Emprendedor: Antonio Conde Mohamed.
Situación da empresa: Fóra do viveiro.
Titorado por: Noa González Patiño.
Forma xurídica: Empresario individual.
Actividade económica: Servizos de asesoramento e consultoría.
Produtos/Servizos: Relacionados coa consultoría na industria farmacéutica.
Descrición da empresa: Empresa adicada a consultoria no sector da farmacéutica.

Emprendedor: Noemí Fernández Sánchez.
Situación da empresa: Fóra do viveiro.
Titorado por: Noa González Patiño.
Forma xurídica: Empresario individual.
Actividade económica: Servizos de venta de roupa vía on line.
Produtos/Servizos: Relacionados coa venta de roupa e complementos.
Descrición da empresa: Empresa adicada a venta de roupa customizada e complementos, a través de páxinamweb e con perspectivas de localización no futuro en tenda física.

Emprendedora: María Teresa Miguélez Freire.
Situación da empresa: Fóra do viveiro.
Titorado por: Noa González Patiño.
Forma xurídica: Empresario individual.
Actividade económica: Consultoría de dietética e nutrición.
Produtos/Servizos: Relacionados coa consultoría de dietética e nutrición.
Descrición da empresa: Empresa dedicada á consultoría de dietética e nutrición.

Emprendedora: Paola Magali Aguiar Martínez.
Situación da empresa: Fóra do viveiro.
Titorado por: Noa González Patiño.
Forma xurídica: Empresario individual.
Actividade económica: Diseño gráfico.
Produtos/Servizos: Relacionados coa consultoría na industria das Artes Gráficas.
Descrición da empresa: Brand-it e unha empresa dedicada a ofertar aqueles servizos relacionados cas artes gráficas de xeito global, o deseño gráfico e o deseño web. Traballos no campo da identidade corporativa, deseño de imaxe de empresa, creación de marcas, logos de empresas, branding e packaging

Actualmente no noso viveiro

Yamila Sidati Novo





Yamila Sidati Novo estudou no noso centro o Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía, o Ciclo Superior de Dirección de Cociña e o Curso de Especialización de Panadería. 

Participou en Skills da panadería e gañou a nivel autonómico e nacional.

Actualmente é viveirista no noso centro e está a piques de abrir a súa panadería “Pan e Canela, especializada en pans e bolería con especial coidado na súa elaboración.

Start typing and press Enter to search