Oferta formativa

No Cifp Paseo das Pontes poderás formarte en tres familias profesionais distintas. En todas elas temos oferta tanto de grao medio como en grao superior en réxime ordinario, dispoñendo tamén de grao básico nas familias de Téxtil e de Hostalería. 

Nalgúns ciclos poderás tamén cursar os estudos mediante outras modalidades, como o réxime modular de adultos, a FP a distancia e a FP Dual. Consulta na icona de cada familia para consultar a oferta educativa no noso centro e outros aspectos de interese para planificar o curso.

 

Modalidades de FP

  • RÉXIME ORDINARIO: cursar por curso completo na modalidade presencial, asistindo diariamente ao centro formativo

  • RÉXIME DE PERSOAS ADULTAS: nas modalidades tanto presencial como a distancia. Trátase dunha matrícula parcial por módulos que permite que cada persoa deseñe o seu itinerario formativo en función da súa actividade laboral, das cargas familiares ou doutras actividades, respondendo así ás necesidades e aos intereses persoais ao longo da vida. Para realizar a matricula no réxime de persoas adultas é preciso ter cumpridos os 18 anos no ano natural no que se inicien os estudos.

    Matricula
    Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Próximos eventos
<< Sep 2023 >>
lmmjvsd
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1

Start typing and press Enter to search