Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE)

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Para calqueira dúbida do procedemento, poden poñerse en contacto a través do correo eléctrónico: 

orientacion.cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal

Probas libres no curso 2025-2026

O prazo de presentación de solicitudes comenza o 16 de abril as 9:00 horas e remata o 30 de abril as 13:00 horas. As listaxes provisionais saerán o vindeiro 6 de maio. 

No CIFP Paseo das Pontes, a xornada de acollemento será o vindeiro 1 de xuño as 12:00 horas,  na aula Salón de eventos, do andar -2. A no presentación a dita xornada de acollemento supón a renuncia ao procedemento.

Calendario de probas libres 2025/2026

Programacións

As programacións dos distintos módulos iranse publicando e actualizando progresivamente, unha vez se coñeza o alumnado matriculado en cada módulo ofertado, no apartado de oferta educativa, formación académica.

Start typing and press Enter to search