Colaboración con Aspronaga

O alumnado de 2º curso do Ciclo Medio de Confección e Moda colabora co alumnado da aula verde do CEEPR NUESTRA SEÑORA DE LOURDES (Aspronaga) e coa fundación “Fundación Diego González Rivas”, elaborando bolsas de tea reutilizando lonas de publicidade de diferentes actos organizados pola citada fundación para recaudar fondos. Os alumnos de Aspronaga cortan as bolsas e despóis veñen ao noso centro integrándose co noso alumnado na aula, e entre todos todos as preparan e cosen, sendo esta una actividade entre centros moi enriquecedora para o alumnado e profesorado de ambos centros.

Deixa unha resposta

Start typing and press Enter to search