XXIV CONCURSO DE COCIÑA E COCTELERÍA NO CIFP FRAGA DO EUME: UN ÉXITO ROTUNDO!

Un ano máis, o noso centro participou con ilusión e talento no XXIV Concurso de Cociña e Coctelería do CIFP Fraga do Eume, un certame que xa é toda unha referencia na formación hostaleira. Os nosos alumnos e alumnas demostraron unha vez máis o seu alto nivel, conseguindo resultados excepcionais en ambas modalidades:

  • COCIÑA: David e Elisa, alumnos de 2º de Dirección de Cociña, baixo a guía do seu profesor Roberto, fixeron un traballo espectacular, cheo de creatividade e esforzo. O seu talento levounos a conseguir o 1º PREMIO! PARABÉNS! Estamos moi orgullosos do seu logro!
  • SERVIZOS: Na modalidade de coctelería, Fátima, alumna de 1º de Dirección de Servizos, formada polo profesor Manel, realizou un traballo magnífico, deixando o listón moi alto. A súa dedicación e habilidade foron moi destacables.

Queremos expresar o noso máis sincero parabén a todos os participantes polos magníficos resultados e pola súa entrega neste concurso. A súa paixón pola hostalería é un exemplo para todos nós.

O noso agradecemento:

  • Ao CIFP Fraga do Eume por organizar este evento tan importante para a formación dos futuros profesionais da hostalería.
  • Aos profesores Roberto e Manel pola súa dedicación e o seu excelente traballo na formación dos nosos alumnos.
  • Aos alumnos David, Elisa e Fátima por representarnos de maneira excepcional.

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search