Xornada de sensibilización sobre a forma xurídica cooperativa
O CIFP Paseo das Pontes acolleu unha interesante xornada na que os alumnos de segundo curso dos ciclos superiores de Patronaxe e Moda e de Vestuario a Medida tiveron a oportunidade de coñecer en profundidade a figura da cooperativa.
Grazas á presenza de Patane García Méndez, técnica de Espazo Coop, tivemos a ocasión de descubrir os beneficios e o funcionamento desta forma de organización empresarial.

Ademáis, contamos coa experiencia de María Roade, socia cooperativista de Fieito, tenda on line de moda sostible e produtos ecolóxicos, e emprendedora do proxecto de moda galega Roade.


María compartiu con nós a súa traxectoria e os retos aos que se enfronta no sector da moda sustentable, demostrando que o modelo cooperativo é unha opción viable e atractiva para os emprendedores.





Agradecemos a participación de todas as persoas involucradas e esperamos que esta xornada sirva de inspiración para os nosos alumnos.

#cooperativa #modasostenible #emprendemento #EspazoCoop #Fieito #Roade #formacionprofesional