XII Consurso de ideas emprendedoras

BASES XII CONCURSO IDEAS EMPRENDEDORAS

PARTICIPANTES
Alumnado matriculado no curso 2025/2026 no CIFP Paseos das Pontes.
Non se admitirán proxectos entregados en convocatorias anteriores, que houberan sido premiados ou non.
A participación poderá facerse de forma individual ou grupal (máximo 4 integrantes por grupo)
REQUISITOS FORMAIS
1-Entrega da idea emprendedora en formato libre na que se inclúan os seguintes aspectos por esta orde:
▪Descrición detallada da idea
▪Necesidades ou problemas que a idea pretende satisfacer ou resolver
▪Aspectos innovadores ou elementos diferenciadores da idea emprendedora
▪Contribución da idea á economía do ben común e/ou á economía circular
▪Nome do proxecto
▪Logo

2- Soporte complementario á idea emprendedora, como por exemplo: un prototipo do seu produto, un obxecto publicitario que o defina (folleto, póster, carta, prenda de roupa, elaboración…) ou un elevator pitch.

3- Encher a ficha de solicitude de participación no concurso
LUGAR DE PRESENTACIÓN
-Viveiro de empresa do CIFP Paseo das Pontes.
CRITERIOS DE VALORACIÓN
-Claridade na descrición da idea
-Creatividade do soporte complementario
-Grao de innovación
-Idoneidade da contribución á economía do ben común ou á economía circular
-Perspectivas de viabilidade técnica
-Argumentación da elección do nome e do logo

PRAZO DE PRESENTACIÓN
Do 4 ao 18 de decembro.

PREMIOS
1.Haberá un premio de 100 euros en material por cada familia profesional (Hostalaría, Téxtil e Industrias alimentarias).

2.O xurado poderá declarar deserta algunha das categorías por non acadar os requisitos indicados.

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search