Volvemos á Normalidade! Mércores 30 de abril

Querida comunidade educativa do CIFP Paseo das Pontes,

Temos o pracer de informarvos de que, tras a cancelación da actividade lectiva e do transporte escolar durante o día de hoxe, mañá, mércores 30 de abril, o noso centro retomará a súa actividade con total normalidade.

Tal e como comunicou a Xunta de Galicia, as incidencias derivadas do apagamento xeral do pasado 28 de abril foron resoltas, permitindo que poidamos reencontrarnos nas aulas e nos talleres.

Así, mañá mércores, 30 de abril, o CIFP Paseo das Pontes abrirá as súas portas para continuar co noso calendario lectivo habitual. O servizo de transporte escolar tamén se restablecerá segundo o seu horario habitual.

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search