Visita pasarela de moda DEBUT23
Un curso máis, o alumnado de 2º do ciclo superior de Patronaxe e moda do CIFP Paseo das Pontes viaxou ata Pontevedra para asistir á pasarela de moda DEBUT23 e desfrutar da creatividade e traballo dos proxectos finais do Mestrado Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda. Con eles estiveron as súas profesoras Maribel Ledo e Puri Gómez.





















