Posted in Uncategorized
Visita do alumnado de 1º XEALTU ao hotel Blue Coruña.
Coñecer o sector turístico desde dentro permítenos comprender mellor a realidade profesional. Nesta ocasión, o alumnado de 1º CS Xestión de Aloxamentos Turísticos visitou o hotel Eurostars Blue Coruña, onde puideron acercarse ao funcionamento diario dun establecemento hoteleiro gracias á colaboración da súa xefa de recepción, Cristina Mosquera, á que agradecemos a súa implicación.
Durante a visita, alumnado tivo a ocasión de coñecer, non só as instalacións do hotel senon tamén o papel que xoga a recepción como centro de relación coa clientela. A xornada completouse coa visita á exposición "Wonderland", da fotógrafa Annie Leibovitz, na Fundación MOP, que permitiu ao alumnado reflexionar sobre a relación entre a creatividade, a cultura e experiencia turística.
#xestionaloxamentosturisticos #fpgalicia #somospaseodaspontes #turismo















