Visita ao Comedor 360° de Inditex: Un exemplo de boas prácticas en restauración colectiva

Unha xornada enriquecedora para o alumnado de segundo de Dirección de Servizos do CIFP Paseo das Pontes! Grazas a Óscar García, xefe de Sodexo, e aos seus profesores, tiveron a oportunidade de visitar o impresionante comedor 360° de Inditex.

Puidemos comprobar de primeira man o seu bo facer, degustar a súa deliciosa oferta gastronómica e percorrer todas as instalacións de cociña: dende a recepción de produtos (de provedores locais, km 0), pasando polo almacén, cámaras frigoríficas, preelaboración, produción, limpeza e xestión de residuos.

Comezamos a xornada recibidos polos responsables de Sodexo e por Pablo, responsable de I+D loxística de Inditex, a quen agradecemos a súa clase maxistral. De forma clara e concisa, explicounos como están a implantar conxuntamente a sustentabilidade ecolóxica no comedor: dende a xestión de envases e embalaxes, recepción, transporte, almacenamento de materias primas ata a xestión de residuos.

As instalacións son o mellor exemplo de boas prácticas que se podería reproducir noutros modelos de restauración colectiva.

Rematamos a visita no mercado que realizan de forma interna, con algúns dos seus provedores locais.

Unha experiencia inesquecible para o noso alumnado!

#CIFPPaseoDasPontes #DirecciónServizos #DirecciónCociña #Sodexo #Inditex #RestauraciónColectiva #Sustentabilidade #Km0 #ProdutosLocais #BoasPrácticas #FormaciónProfesional

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search