Visita a Inditex
O alumnado do primeiro curso de Patronaxe e Moda desprazouse ata Arteixo para coñecer as instalacións do grupo Inditex.
Esta empresa é unha das que colabora co CIFP Paseo das Pontes na formación do alumnado da familia de téxtil, confección e moda, acollando a alumnado en prácticas tanto do ciclo medio como o superior desta familia.
Ademais, dende hai varios cursos xa, Inditex ten asinado co noso centro convenios para o desenvolvemento da FP Dual, onde o alumnado se forma na empresa durante seis meses cada curso. Nesta modalidade o noso centro oferta prazas tanto en Confección e Moda como en Patronaxe e Moda.