Unha xornada inspiradora: Mulleres líderes na hostelería
Hoxe, o CIFP Paseo das Pontes tivo o pracer de acoller unha mesa redonda sobre o liderado feminino na hostalería. Contamos coa participación de referentes do sector en A Coruña:
- Nuria Blanco (Hotel Plaza y Avenida)
- Iria Espinosa (Taberna 5 Mares)
- Concepción Labrados (Hotel Hesperia)
- Ana Señarís (Restaurante el Terreo)

Cada unha delas compartiu a súa traxectoria profesional, demostrándonos que a diversidade de camiños é a riqueza do noso sector.
Os aspectos principais que se debatiron foron:
- O trato co cliente: As ponentes destacaron a importancia de xestionar as relacións co cliente e de saber lidar coas valoracións en liña.
- A empregabilidade: A actitude, a amabilidade e a vocación de servizo son os factores que máis valoran á hora de contratar.
- A perspectiva do sector: As expertas analizaron os retos e oportunidades do sector hosteleiro actual.




Unha iniciativa que contou cunha gran acollida, na que formaron parte tanto alumnado do IES Eusebio da Guarda, ao que damos as grazas por achegar a súa visión e curiosidade, e alumnado do propio centro da familia de hostalaría ao que agradecemos a súa participación, pola súa atención e pola súa participación na organización.





A xornada rematou cunha degustación preparada polo noso alumnado, que demostrou unha vez máis o seu talento na cociña e no servizo.
Agradecemos a todas as participantes a súa valiosa contribución e ao alumnado a súa excelente organización. #lideradofeminino #hostalería #CIFPPasodaspontes #A Coruña