Un Brunch Espectacular na Cafetería do Noso Instituto!

Onte, a nosa cafetería transformouse nun escenario de sabores e aromas grazas ao espectacular buffet-brunch preparado polo alumnado de 1º de Cociña e Gastronomía e 1º de Dirección de Servizos.

Os seus compañeiros e compañeiras da FP Básica e do CEE María Mariño tiveron o privilexio de desfrutar dunha incrible variedade de elaboracións doces e salgadas, acompañadas dun servizo de cafetería de alta calidade. O excelente traballo en equipo destes estudantes fixo posible esta experiencia gastronómica inesquecible.

Esta actividade foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu aos nosos alumnos e alumnas seguir aprendendo e mellorando as súas habilidades en cociña e servizo. ‍‍

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento aos docentes implicados por o seu esforzo e dedicación diaria. O seu labor é fundamental para o éxito destas iniciativas.

#CociñaEGastronomía #DirecciónDeServizos #FPBasica #CEEMaríaMariño #TraballoEnEquipo #SaboresGalegos #ExperienciaGastronómica

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search