Taller de análise de capacidades no programa EDUEMPRENDE Actúa.
Hoxe tivemos o privilexio de acoller un enriquecedor taller de análise de capacidades dentro do noso programa eduemprende Actúa. A relatora, Verónica Rodríguez de Promove, guiounos nunha profunda reflexión sobre as diversas capacidades esenciais tanto para emprender como para a procura de emprego por conta allea.
Os grupos participantes foron os alumnos de primeiro de servizos de restauración e primeiro de patronaxe e moda. Exploramos a importancia das capacidades brandas, esas habilidades interpersoais que marcan a diferenza no mundo laboral. A través dunha dinámica interactiva, reflexionamos sobre as nosas propias capacidades de comunicación, liderado e traballo en equipo, entre outras.
Foi unha xornada de aprendizaxe e autocoñecemento que nos impulsará a seguir medrando como profesionais e emprendedores.







CIFPPaseodasPontes #eduemprendeActúa #AnálisedeCapacidades #CapacidadesBlandas #Emprendemento #ProcuradeEmprego #Promove #FormaciónProfesional #FP #Coruña