Semana do 8M: Loitando contra o acoso rueiro con Fundación Mulleres
No marco da celebración da Semana do 8M, dedicada á igualdade da muller, o noso instituto tivo o privilexio de recibir a Fundación Mulleres para unha sesión formativa crucial sobre acoso rueiro. A relatora, Silvia Miragaya, integrante da fundación, impartiu un taller “STAND UP” que capacitou ao noso alumnado para deixar de ser espectadores pasivos ante situacións de acoso.
A sesión centrouse en proporcionar ferramentas prácticas para intervir de maneira segura e efectiva, apoiando ás persoas que sofren acoso en espazos públicos. O alumnado de 2º de Arranxos e 2º de Lavandería de FP básica, xunto cos estudantes de primeiro de ciclo medio de Servizos e Confección e Moda, participaron activamente nesta iniciativa.
Aproveitamos a ocasión para facer entrega dun cheque por valor de 1.100 euros á Fundación Mulleres. Esta doazón é o resultado do recadado no noso mercado de roupa “Paseolidarios”, un proxecto impulsado polo noso alumnado con fins solidarios.
Queremos expresar o noso agradecemento á Fundación Mulleres por esta valiosa colaboración e ao noso alumnado pola súa participación e compromiso coa igualdade e o respecto.







#8M #Igualdade #AcosoRueiro #FundacionMulleres #Paseolidarios