Restauración Verde” do CIFP Paseo das Pontes, un éxito rotundo en FP Innova 2025

Este ano o CIFP Paseo das Pontes presentou en FP Innova 2025 o proxecto “RESTAURACIÓN VERDE: RECICLAXE ENERXÉTICA E POR UNHA COCIÑA MÁIS SAUDABLE”, un proxecto liderado polo coordinador Santiago Martínez Fernández, que foi recibido con gran entusiasmo.

A presentación do proxecto xerou un gran interese entre os asistentes, que destacaron a súa innovadora proposta para un sector da restauración máis sostible e eficiente.

Un proxecto que marca a diferencia

“Restauración Verde” non só demostrou a súa viabilidade técnica, senón que tamén resaltou a importancia de combinar a eficiencia enerxética coa promoción de hábitos alimentarios saudables.

O proxecto estrutúrase en dúas fases:

  • Eficiencia enerxética: Aproveitamento da calor residual dos fornos de carbón para quentar auga, optimizando o consumo enerxético en lavalouzas, cafeteiras, billas e sistemas de calefacción.
  • Cociña saudable: Desenvolvemento dun receitario que demostra como cociñar de forma saudable sen necesidade de graxas. Recetairo que podes descargar

Recoñecemento, impacto e descarga do receitario.

A acollida do proxecto foi moi positiva, recibindo eloxios pola súa contribución á sostibilidade, a mellora das condicións laborais e a promoción da saúde no sector da restauración.

O CIFP Paseo das Pontes agradece o recoñecemento recibido en FP Inova 2025 e reafirma o seu compromiso coa innovación e a formación dunha nova xeración de profesionais da restauración comprometidos co medio ambiente e a saúde.

Ademais, para compartir os resultados da segunda fase do proxecto, o receitario está dispoñible para descarga na seguinte ligazón: https://paseodaspontes.gal/wp-content/uploads/2025/03/Libro-QR-Recetas-Cocina-Innovacion.pdf

#FPInova2025 #RestauraciónVerde #CIFPPaseoDasPontes #CociñaSaudable #EficienciaEnerxética #Sostibilidade #FormaciónProfesional #Innovación #Galicia #ReceitasSaudables

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search