Primeiro posto en cociña e servizos no Memorial Fragas do Eume
Noraboa ao noso alumnado Pablo Santamaría García, Diego González Palomares, Jacobo Díz Gomez e María Bazar Verdes que hoxe foron ata Pontedeume para concursar no Memorial Fragas do Eume, conseguindo o primeiro posto tanto en cociña como en servizos (na modalidade de coctelería clásica).
Noraboa tamén ao seu profesorado, Roberto Bermejo e Marcos Moreira, e agradecer unha vez máis o apoio constante de todos aqueles outros compañeiros docentes e estudantes que fan que isto sexa posible.
@fpgalicia
#FPGalicia#cifp_paseodaspontes#somospaseodaspontes#orgullodealumnado#orgullodeprofesorado
@jacobodiiz_@mbazver