Presentación dos materiais didácticos O Kabashibai do hospital
Foi un orgullo para o CIFP Paseo das Pontes acoller a presentación do proxecto “O kamishibai do hospital. Pílulas para un mundo mellor”, da man das súas autoras, Pilar Porta e Marta Peña, que estiveron acompañadas do secretario xeral de política lingüística Valentín García.
Trátase dun conto a modo de teatro xaponés co que reforzar e facilitar o traballo das aulas hospitalarias e visibilizar certas enfermidades na infancia e na adolescencia. O material didáctico complétase co Caderno de Gaia, onde crear novas historias para narrar no kamishibai.
Despois da presentación, os participantes desfrutaron dun coffe break preparado polo alumnado de hostalería.
#FPGalicia#cifp_paseodaspontes#aulashospitalarias#FPinclusiva





