Premiados en Eduemprende Idea 2024!
Estamos moi emocionados de compartir que o noso alumnado resultou premiado na convocatoria Eduemprende 2024. O proxecto Junega, ideado por un alumno e dúas alumnas da familia de Téxtil, obtivo o primeiro premio na segunda categoría, nesta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
En que consiste Junega? É un proxecto artesanal no sector téxtil que aposta pola creación e transformación de pezas mediante a técnica do patchwork. Con este proxecto, o noso alumnado non só demostra a súa creatividade e talento, senón tamén o seu compromiso coa innovación e o emprendemento.
Grazas aos 3.000€ do premio, o equipo de Junega poderá darlle un impulso a este proxecto e converter a súa idea nunha realidade.
¿Que significa este premio para nós? É un recoñecemento ao traballo ben feito e un aliciente para seguir fomentando o emprendemento entre o noso alumnado. Ademais, é unha mostra de que as nosas aulas son un sementeiro de ideas innovadoras e de futuro.
Parabéns a todo o equipo de Junega! Sois un exemplo para toda a comunidade educativa do CIFP Paseo das Pontes.
