Parabéns, Gabriel! O noso alumno gaña o concurso Talentos by Abril
Estamos moi orgullosos de anunciar que o noso alumno de 2º de Dirección de Cociña, Gabriel Quispe, proclamouse hoxe gañador do prestixioso concurso Talentos by Abril. ️
Gabriel demostrou o seu talento e paixón pola cociña nunha emocionante final celebrada no Centro Superior de Hostalería de Galicia, onde competiu con outros 7 finalistas procedentes de diversos centros de hostalería. A súa creatividade culinaria e habilidade impresionaron ao xurado, outorgándolle o primeiro premio da III edición deste certame.
O concurso Talentos by Abril busca potenciar o talento dos futuros profesionais da hostalería, fomentando a aprendizaxe sobre a cultura do aceite e o uso de produtos amparados baixo Denominación de Orixe Protexida (D.O.P.).
Para o CIFP Paseo das Pontes é un orgullo ver como o talento e a paixón dos nosos alumnos dan os seus froitos.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Gabriel polo seu esforzo e dedicación, e felicitalo por este merecido recoñecemento.



#CIFPPaseoDasPontes #TalentosByAbril #Cociña #Hostalería #TalentoGalego #OrgulloCIFP