Os nosos alumnos de Patronaxe e Moda visitan as exposicións máis prestixiosas de A Coruña
Os estudantes de Ciclo Superior de Patronaxe e Moda tiveron a oportunidade de sumerxirse no mundo da fotografía visitando as exposicións de Irving Penn, Nick Knight e Héctor Francesch en A Coruña. Esta experiencia única permitiulles coñecer de preto a obra de tres dos fotógrafos máis influentes do século XX e XXI, e inspirarse para os seus futuros proxectos.





A exposición de Irving Penn, organizada por The Metropolitan Museum of Art de Nova York viaxou por todo o mundo e chega a A Coruña da mán da Fundación MOP, conta con máis de 175 fotografías nas que se inclúen retratos icónicos, naturalezas mortas e moda atemporal.











Os alumnos tiveron a oportunidade de participar nun taller de fotografía creativa, canta creatividade!!!









Completamos a mañán coa visita á exposición de Nick Knight “Roses fron my garden”





Tamén tivemos a oportunidade de visitar parte da exposición de Héctor Franchesch “Cadros que nunca pintei”



A visita ás exposicións formou parte dunha actividade complementaria organizada polo departamento de Téxtil.