Obradoiros con sabor no CIFP Paseo das Pontes! 🥐🥖☕
Xa comezaron os obradoiros de pastelería, panadaría e cafetaría dirixidos ao alumnado de centros de educación secundaria da contorna! Esta iniciativa, organizada a través do departamento de Orientación do noso centro, está pensada para aqueles estudantes que estean a considerar cursar os nosos módulos formativos.
O pasado xoves tivemos o pracer de recibir aos alumnos e alumnas de FP Básica do centro educativo de Arteixo, Agarimo. Foi unha mañá moi produtiva e divertida, onde puideron achegarse ao mundo da panadaría, a pastelería e a arte do café da man dos nosos profesionais e coñecer de preto as instalacións do noso centro.
Estes obradoiros son unha excelente oportunidade para que os futuros estudantes experimenten de primeira man o que se aprende nos nosos ciclos formativos e poidan resolver as súas dúbidas.
Queremos agradecer a visita e o interese do alumnado do centro Agarimo! Agardámosvos pronto!













#CIFPPaseodasPontes #ObradoirosFP #Pastelería #Panadaría #Cafetaría #FPOrientación #FPBasica #CentroAgarimo #OrientacionVocacional #FormacionProfesional #Arteixo #Coruña