O noso profesorado de Cociña e Gastronomía perfecciona as súas técnicas en bombonería
O noso profesorado de Cociña e Gastronomía tivo a oportunidade de participar nun curso intensivo de bombonería na prestixiosa Escola Obradoiro Pastelería Gascón de Ferrol, da man do recoñecido mestre pasteleiro Pedro García.
Foi unha experiencia enriquecedora e única, onde o noso equipo puido mergullarse no mundo da bombonería, descubrindo novas técnicas, perfeccionando o traballo co chocolate e, sobre todo, gozando do proceso de aprendizaxe.
Regresamos con novos coñecementos, inspiración e moitas ganas de seguir mellorando e compartindo o aprendido cos nosos alumnos. Queremos agradecer a Pedro García e á Escola Obradoiro Pastelería Gascón pola súa acollida e a excelente formación recibida.










CIFPPaseoDasPontes #CociñaEGastronomía #Bombonería #EscolaObradoiroPasteleríaGascón #PedroGarcía #FormaciónContinua #Aprendizaxe #Chocolate #Ferrol #Galicia #Educación #FP