O noso centro en acción no Congreso de Innovación 2025! 

Esta semana, o noso centro foi protagonista no VII Congreso de Innovación na FP, onde o talento e a profesionalidade do noso alumnado de Cociña e Servizos quedaron patentes.

Os nosos estudantes, guiados polos seus profesores, encargáronse do servizo de comedor do evento, demostrando unha vez máis a calidade da formación que impartimos. Traballo en equipo, esforzo e dedicación foron os ingredientes principais deste éxito.

? Parabéns a todos e todas polo bo facer! Unha mostra máis de que a FP é formación real para o mundo laboral.

#FormaciónProfesional#CongresoFP#FPGalicia#AprenderFacendo#OrgulloDeFP#somospaseodaspontes

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search