O CIFP Paseo das Pontes acolle as semifinais do Noroeste do Concurso Interescolas de OTC Group

O CIFP Paseo das Pontes converteuse no escenario das Semifinais do Noroeste de España do Concurso Interescolas de OTC Group, unha cita de referencia na Formación Profesional de Hostalaría que, nesta edición, celebrou ademais o 10º aniversario dun certame de ámbito nacional que promove o talento novo e a excelencia técnica.

A competición reuniu alumnado procedente de distintos centros de Galicia, León e Asturias, concretamente dos seguintes centros:

  • IES Manuel Antonio (Vigo)

  • CIFP Compostela

  • IES San Xillao

  • IES de Foz

  • CIFP Paseo das Pontes

  • CIFP Ciudad de León

  • CIFP Hostalería e Turismo de Xixón

Durante a xornada, centrada no café e na coctelería, as persoas participantes tiveron que afrontar diferentes probas prácticas, teóricas e exposicións orais nas que demostraron a súa creatividade, destreza técnica e coñecementos adquiridos ao longo da súa formación. O formato da competición reproduce as esixencias reais do sector hostaleiro, combinando precisión técnica, organización, capacidade de comunicación e coñecemento do produto.

A semifinal estivo coordinada por Carlos Varela, Brand Ambassador de OTC Group, e contou coa avaliación dun xurado profesional especializado en hostalaría, coctelería e café, que garantiu un alto nivel técnico e criterios aliñados coa realidade do mercado laboral.

🏆 A gañadora desta semifinal foi Aroa Reguera Vila, do IES San Xillao, que representará á zona Noroeste na final nacional do campionato Interescolas, que se celebrará en Madrid o vindeiro 17 de marzo.

Desde o CIFP Paseo das Pontes queremos felicitar a todas as persoas participantes polo seu esforzo, dedicación e nivel demostrado, e especialmente ao noso alumnado, que representou ao centro con profesionalidade e compromiso.

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search