O alumnado de 1º de Servizos en Restauración realiza un servizo inclusivo centrado na atención ao cliente

O día 22 de xaneiro, o alumnado de 1º do ciclo medio de Servizos en Restauración do CIFP Paseo das Pontes realizou hoxe unha práctica formativa centrada no desenvolvemento das competencias relacionadas coa atención ao cliente, un aspecto clave na formación profesional do sector da hostalaría.

Nesta ocasión, o servizo estivo dirixido a usuarios da residencia de persoas con grandes necesidades de apoio Ricardo Baró, de Aspronagao que permitiu ao alumnado enfrontarse a unha situación real e diversa, adaptando a súa actuación ás necesidades específicas de cada persoa usuaria. A actividade converteuse así nunha experiencia de aprendizaxe significativa, na que se traballaron valores fundamentais como a empatía, a flexibilidade, o respecto e a profesionalidade.

A práctica puido levarse a cabo grazas á colaboración e coordinación do profesorado e do alumnado do departamento de Hostalaría:

  • Jano Loimil, do módulo de Restaurante

  • María Ozón, de Cociña e Gastronomía

  • Juan Soto, do módulo Dual de Panadería

Este traballo conxunto fixo posible unha experiencia práctica integral, na que se puxo de manifesto que cada servizo e cada cliente son diferentes, reforzando a importancia de adaptar o traballo ás circunstancias reais que se dan no ámbito profesional da restauración.

Desde o CIFP Paseo das Pontes queremos agradecer a participación de todas as persoas implicadas e destacar o compromiso do noso alumnado cunha formación práctica, inclusiva e de calidade.

Grazas a todas e a todos.

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search