Nova xornada de emprendemento_Taller de decorado de bolachas con Yamila Sidati e Lucía Huisa, dúas mulleres emprendedoras.
Nesta xornada tivemos a sorte e o orgullo de contar cunha emprendedora ex alumna do centro, Yamila Sidati Novo, que veu a impartir un taller de decorado de bolachas á familia de Industrias Alimentarias, en colaboración cunha das emprendedoras do proxecto Enredadas no Cambio, Lucía Huisa. As dúas falaron das súas experiencias de emprendemento, das trabas e obstáculos, pero sobre todo das gañas e do desexo de prosperar. Noraboa!!!