Nova edición de Cociña Capital co chef Nacho Moreira no CIFP Paseo das Pontes

O CIFP Paseo das Pontes tivo o privilexio de acoller unha nova edición de “Cociña Capital”, e nesta ocasión contamos coa presenza do talentoso chef Nacho Moreira, do restaurante A Esquina de Valentina.

Nacho Moreira, coñecido pola súa habilidade para fusionar tradición e innovación, deleitounos cun taller onde compartiu os segredos e trucos do seu restaurante. Dende a súa apertura en agosto de 2020, A Esquina de Valentina converteuse nun referente da gastronomía coruñesa, ofrecendo pratos que invitan a gozar da comida de xeito informal e creativo.

Durante o taller, Nacho sorprendeu aos asistentes coas súas receitas enxeñosas, nas que dá unha volta de tuerca á cociña tradicional galega. Os participantes tiveron a oportunidade de aprender novas técnicas e descubrir como o chef transforma pratos clásicos en experiencias culinarias únicas.

Queremos agradecer a Nacho Moreira a súa visita e a súa xenerosidade ao compartir os seus coñecementos con nós. Foi unha xornada de aprendizaxe e inspiración.

CIFPPaseoDasPontes #CociñaCapital #NachoMoreira #AEsquinaDeValentina #GastronomíaGalega #CociñaTradicional #InnovaciónCulinaria #Coruña #FormaciónProfesional #FP #Cociña

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search