María Bazar Verdes, a nosa promesa culinaria, necesita o teu voto!
Descubrimos un prato que conquistará o teu paladar: “Coello, cenoria e terrina de castaña”. Elaborado con maestría e cariño por María, alumna do noso CIFP Paseo das Pontes, esta creación culinaria é unha verdadeira obra de arte.
Unha combinación única de sabores e texturas que demostra o talento e a paixón dos nosos futuros chefs. A presentación, impecable, reflicte a coidada elaboración e o dominio das técnicas culinarias.
A María está participando na XIII Edición do Premio Promesas de Alta Cociña de Le Cordon Bleu Madrid. O teu voto pode marcar a diferenza!
Entra xa en https://pr.easypromosapp.com/voteme/989569/656402812?lc=es-es , o abre o seguinte qr, e mostra o teu apoio a esta prometedora cociñeira galega.

Axúdanos a difundir o talento da nosa comunidade educativa. Comparte esta publicación e anima aos teus coñecidos a votar!

#CociñaGalega #TalentoGalego #Fpgalicia #PremiosLeCordonBleu #CIFP PaseoDasPontes