María Bazar, alumna do CIFP Paseo das Pontes, proclámase campioa absoluta do XIII Premio Promesas da Alta Cociña! 🏆
Un día histórico para o noso centro! Hoxe, 8 de abril, quedará gravado na memoria do CIFP Paseo das Pontes e, especialmente, na da nosa talentosa alumna María Bazar Verdes. María alzouse co primeiro posto do prestixioso XIII Premio Promesas da Alta Cociña, organizado por Le Cordon Bleu Madrid.




Despois dun proceso de selección rigoroso, María foi unha dos dez finalistas que representaban a diversas comunidades autónomas. Sen embargo, o seu talento e dedicación, cultivados nas nosas aulas, conquistaron ao xurado profesional, composto por chefs de renome,
Este triunfo é aínda máis especial ao coincidir co 130º aniversario de Le Cordon Bleu, o que supuxo un incremento no valor dos premios. María recibe unha bolsa de estudos valorada en 40.000 euros para cursar o internacionalmente recoñecido Grand Diplôme. Ademais, o noso centro será recompensado cunha axuda económica de 1.500 euros.

Dende o CIFP Paseo das Pontes queremos expresar o noso enorme orgullo e felicitacións a María por este logro excepcional. O seu traballo e paixón pola cociña son un exemplo para toda a nosa comunidade educativa. Tamén queremos recoñecer o labor do noso equipo docente, que co seu esforzo e dedicación fan posible que alumnos como María alcancen os seus soños.
Parabéns, María! O futuro da alta cociña ten nome galego!
#CIFPPaseoDasPontes #PremioPromesasAltaCocina #MariaBazarCampiona #LeCordonBleu #AltaCocina #Galicia #CociñaGalega #Orgullo #TalentoGalego