Máis que un mercadillo: a nosa contribución ás víctimas da DANA.

O pasado xoves celebrabos o noso tradicional mercado solidario que venimos realizando nos últimos anos dentro do Plan Proxecta Paseolidarios. Este ano, os beneficiarios son as víctimas da DANA en Valencia, e para alí vai todo o recadado.

Grazas á xenerosidade da comunidade educativa, do traballo en equipo, conseguimos recadar unha cantidade considerable que destinaremos íntegramente a axudar a quen máis o necesita.

Foi emocionante ver como todos puxestes o voso gran de area. A roupa de segunda man que doastes encheu os stands, os doces navideños feitos con tanto cariño tiveron unha saída espectacular e as bolsas e camisetas bordadas a man foron un auténtico éxito. Cada peza vendida era unha mostra de apoio e de esperanza.

Queremos agradecer de todo corazón a todos os que colaborastes:

  • Aos alumnos: pola vosa ilusión ao vender e pola vosa alegría contagiosa.
  • Aos profesores: pola vosa paciencia e dedicación ao organizar e supervisar todas as actividades.
  • A toda a comunidade: por formar parte deste proxecto tan especial.

Grazas a todos vós, demostramos que xuntos somos capaces de conseguir grandes cousas. A solidariedade non ten límites e xuntos podemos facer un mundo mellor!!!

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search