II Xornadas Profesionais: Liderado Feminino na Hostelería
O CIFP Paseo das Pontes ten o pracer de anunciar a celebración das II Xornadas Profesionais: Liderado Feminino na Hostelería. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man a experiencia de mulleres exitosas neste sector.
Data: 14 de xaneiro de 2025 Hora: 16:30 h Lugar: CIFP Paseo das Pontes
Ponentes:
- Nuria Blanco: Hotel Plaza Avenida
- Iria Espinosa: Taberna 5 Mares
- Elisabeth Estévez: Hotel Zenit
- Ana Señaris: Restaurante Terreo
Estas destacadas profesionais compartirán as súas traxectorias, os seus retos e os seus éxitos, inspirándonos a todas a alcanzar os nosos obxectivos no mundo da hostelería.
Temáticas a tratar:
- Tendencias e retos do sector.
- Estratégias de éxito para mulleres líderes.
- Networking e oportunidades de colaboración.
Non perdas a oportunidade de participar neste evento e coñecer de primeira man as voces femininas que están transformando a hostelería.
#LideradoFeminino #Hostelería #CIFP Paseo das Pontes
