I Semana de Emprendemento do CIFP Paseo das Pontes
O pasado martes como adianto da semana de emprendemento, o alumnado da familia téxtil tivo a oportunidade de coñecer o traballo de Lurdes Herrera Toco, unha muller emprendedora especializada na confección do vestido rexional das cholitas bolivianas.
A actividade, organizada pola fundación Taller de Solidariedade, forma parte do programa Enredadas no Cambio, que ten como propósito crear unha rede global e de sororidade entre mulleres emprendedoras de distintos ámbitos, lugares e contextos socioculturales para visibilizar e comunicar as problemáticas e as virtudes dos liderados femininos.
@[17841406930863988:@fundaciontds]
#emprendementosocial
#FPGalicia#emprendementosocial
#fptéxtil#cifp_paseodaspontes#paseolidarios#sostibilidade#somospaseodaspontes
Pola tarde a emprendedora Lurdes Herrera Toco visitou as nosas instalacións, compartindo co alumnado as súas experiencias.
E xa propiamente na semana de emprendemenso, comezamos con tres actividades.
*Charla “Lana de Collserola”, onde Bibiana Martínez explicou ao alumnado da familia de téxtil este emprendedor proxecto, propiciado pola #CatalizadoraERTE do Colectivo @_larre_, que ten como obxectivo a recuperación da la dos rebaños que pastan no Parque Natural de Sierra de Collserola.
*Obradoiro de tear de sobremesa con Pilar Crespo @emytelar (www.emytelar.com), onde o alumnado puido tecer un ligamento simple de tafetá e facer un fío fantasía.
*Visita a Etiqueta Negra: o alumnado das familias de Industrias Alimentarias e Hostalería e Turismo viaxaron ata Pontevedra para acudir á feira Etiqueta Negra, onde deberán realizar unha serie de actividades relacionadas coa cultura emprendedora.
Ao longo da semana, e financiado a través da Aula de Emprendemento do noso centro, o noso alumnado coñecerá distintas experiencias emprendedoras e charlará con ex-alumnos do noso centro que montaron o seu propio negocio.
#AulaDeEmprendemento#ViveirosDeEmpresas#cifp_paseodaspontes#FPemprende#FPGalicia#somospaseodaspontes