Galicia Skills 2021

Un ano máis o alumnado do CIFP Paseo das Pontes participou nas Olimpiadas de Formación Profesional, celebradas entre o 6 e o 8 de Outro en distintos centros de Galicia. Participamos en 4 modalidades: cociña, panadaría, servizos de restaurante e bar e tecnoloxía da moda, sendo nesta última,  o noso centro o anfitrión da competeción.
A comunidade educativa non pode estar máis orgullosa da participación do noso alumndo e do labor feito polos seus profesores/as. Estes foron os resultados acadados polo noso centro:
 

 

Medalla de Ouro en Cociña
  • Alumna: Mª Emilia Piedra
  • Titor: Miguel García Silvarredonda
Medallas de Ouro en Tecnoloxía da Moda
  • Alumno: Alfonso Rodríguez Díez
  • Titora: Cruz Iglesias

Medalla de Prata en Servizos de restaurante e bar

  • Alumna: Natalia Fernádez
  • Titor: Marcos Moreira
Medallas de Prata en Panadaría
  • Alumno: Antón  González Eiris
  • Titora: Avelina Amado

Sodes uns craks!!!

Start typing and press Enter to search