FP Adaptada
Hoxe incorporáronse ao noso obradoiro de panadaría e pastelaría unha nova promoción de alumnado do CEE Nuestra Señora de Lourdes, dependente de Aspronaga, dentro do proxecto de FP Adaptada que realizamos dende hai dous anos con esta entidade.
Durante dous cursos académicos estudarán nos dous centros os contidos e competencias incluidos no Certificado de Profesionalidade de nivel 1 Operacións básicas de Pastelaría. Para iso integraranse nun grupo de 1º de panadaría, onde o alumnado deste ciclo medio participará activamente na transmisión de coñecementos aos seus novos compañeiros baixo a supervisión do profesor Juan Soto.
@ceepr_lourdes @aspronaga @plenainclusion
#FPAdaptada #innovacioneducativa #inclusioneducativa #cifp_paseodaspontes #formandoprofesionais #orgullodeprofesorado #FPGalicia #aprenderfacendo #orgullodealumnado #somospaseodaspontes