Fin de festa: CIFP Paseo das Pontes despídese do Galicia Fórum Gastronómico con gratitude

Chegamos ao final do Galicia Fórum Gastronómico 2025, e dende o CIFP Paseo das Pontes só podemos expresar a nosa máis profunda gratitude. Foron días intensos, cheos de aprendizaxe, intercambio de ideas e momentos especiais compartidos con persoas marabillosas.

Estamos encantados de ter formado parte deste evento, de aportar o noso gran de area e de levar connosco novas experiencias e inspiración. Marchamos esgotados pero felices, con moitas ganas de repetir noutra ocasión.

Un agradecemento especial ao profesorado de Hostalaría e Turismo polo seu esforzo e dedicación, e a todo o alumnado participante polo seu entusiasmo e compromiso. O CIFP Paseo das Pontes sempre estará agradecido por ter a oportunidade de vivir encontros tan enriquecedores.

A Formación Continúa!

E isto non remata aquí! A semana segue, e continuamos levando a formación máis aló das nosas cociñas e aulas. Este xoves, estaremos presentes no Congreso de Innovación na Formación Profesional, onde formaremos parte da Experiencia Gastronómica, preparados para seguir aprendendo e compartindo.

#somospaseodaspontes #traballoenequipo #fpgalicia #forumgastronomicocoruña #galiciaforumgastronómico

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search