Estás desempregado e queres formarte?

Aproteveita esta oportunidade e apúntate aos nosos cursos AFD. No CIFP Paseo das Pontes tes varias opcións para escoller, de nivel 1 e de nivel 2, e poderás obter un certificado de profesionalidade homologado totalmente de balde.
Desliza as imaxes e consulta as datas de inicio de cada un dos nosos cursos.

Aproveita agora e fórmate neste sector con gran demanda de emprego. No CIFP Paseo das Pontes temos cursos para desempregados, totalmente gratuitos, e para os que non precisas ter estudios previos para acceder.

AFD HOTR0208: este curso comeza o 15 de Abril e remata o 27 de xuño.

#cifp_paseodaspontes #atuaoportunidade #formandoprofesionais #FPGalicia
#AFD

Se estas desempregado esta é a túa oportunidade de introducirte no mundo téxtil. Anótate ao noso curso gratuíto Arranxos e Adaptacións de Pezas e Artigos en Téxtil en Pel. Ademais de facer prácticas reais en empregas poderás obter un certificado de profesionalidade homologado. Non precisas estudos previos!

AFD TCPF0109: este curso comeza o 15 de abril e remata o 18 de xullo

#cifp_paseodaspontes #atuaoportunidade #FPGalicia #AFD

Outro dos sectores con maior demanda é o da panadaría e pastelería. Así que se estás desempregado, aproveita agora para formarte nese sector, totalmente de balde e sen estudos previos, co noso curso de Operacións Básicas de Pastelería, que comezará o 10 de maio.
E se xa tes coñecementos previos, tamén tes dispoñible no noso centro o curso Panadaría e Bolaría co que obterás un certificado de profesionalidade de nivel 2. Este curso comeza o 15 de abril, así que a que agardas para anotarte?

#AFD #FPGalicia #cifp_paseodaspontes #atuaoportunidade

Os ciclos de cociña son un dos máis demandados no noso centro, habendo en ocasións listaxes de espera. Pero se estás desempregado, agora tes unha oportunidade única de formarte neste sector aínda que non teñas estudos previos. Pide xa a túa praza! Arrancamos novo curso o 28 de maio!.

Deixa unha resposta

Start typing and press Enter to search