Eramus+ charla-coloquio

O alumnado comparte as súas experiencias Erasmus+ nunha charla-coloquio

Data: Martes 3 de novembro de 2026
Hora: 11:30 h
Lugar: Salón de actos do CIFP Paseo das Pontes

A actividade está dirixida a todo o alumnado do centro interesado en coñecer estas experiencias e descubrir as posibilidades de realizar parte da súa formación noutro país europeo.

O vindeiro martes 3 de novembro, ás 11:30 horas, o salón de actos do CIFP Paseo das Pontes acollerá unha charla-coloquio na que alumnado participante no programa Erasmus+ durante o curso 2025-2026 compartirá as súas experiencias de mobilidade internacional.

Durante o encontro, estudantes de diferentes ciclos formativos que realizaron a súa Formación en Centros de Traballo (FCT) ou estadías formativas en países como Países Baixos, Italia, Finlandia e Francia contarán de primeira man como foi a súa experiencia, tanto no ámbito profesional como no persoal.

Participará alumnado dos ciclos de VAME, EPTOA, COGA, SERES e DIRCO, entre outros, que falará sobre a súa adaptación a novos contornos de traballo, as aprendizaxes adquiridas e as oportunidades que ofrece o programa Erasmus+.

Animámosvos a participar e a coñecer de primeira man as oportunidades que ofrece Erasmus+!

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search