Días de creatividade, costura e moita maxia!

O alumnado de 1º de Vestiario á Medida e de Espectáculos traballou durante días para dar vida a un proxecto inspirado en Wicked, a icónica historia que nos transporta ao mundo de Oz. A través de bocetos, probas de tecido e moitas horas de confección, conseguiron crear deseños únicos cheos de fantasía e personalidade. 🎭🧵

Nas fotos podedes ver todo o proceso: dende as primeiras ideas ata os impresionantes resultados finais. Un traballo onde o esforzo e a paixón polo vestiario escénico brillan con luz propia! 🌟

#fpgalicia #somospaseodaspontes #DeseñoDeVestiario #creatividadeenestadopuro

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search