Día de San Valentín no CIFP Paseo das Pontes. Corazóns cheos de amor.

Hoxe, 14 de febreiro, celebramos o Día de San Valentín, un día para celebrar o amor e a amizade. No noso instituto, o equipo de dinamización lingüística organizou unha actividade especial para conmemorar este día.

Durante toda a semana, a comunidade educativa tivo á súa disposición post its de cores con forma de corazón nos que escribir mensaxes cheas de amor e cariño.

E para continuar coa conmemoración deste día o equipo de dinamización de lingua galega preparou para o vindeiro martes, un menú especial para o comedor, cheo de sabor e amor.

E para acompañar esta deliciosa comida, teremos unha playlist especial de San Valentín. Cancións románticas e alegres que crearán o ambiente perfecto para celebrar a amizade e o amor.

Deja una respuesta

Start typing and press Enter to search