Convocatoria de bolsas para programa de inmersión lingüística en España
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca bolsas para participar nun programa de inmersión lingüística en España, dirixido a estudantes de Bacharelato, Grao Medio de FP, Artes Plásticas e Deseño, Ensinos Deportivos, Ensinos Profesionais de Música e Danza e Idiomas de nivel intermedio e avanzado.
Inscricións:
- Prazo: Do 12 de febreiro de 2025 ata o 13 de marzo de 2025 ás 15:00 horas.
Duración:
- 1 semana no mes de xullo de 2025.
Prezo:
- Para completar o prezo total do curso, o alumnado aboará 100 euros á empresa adxudicataria.
- O traslado desde o domicilio ao centro de destino, e viceversa, será por conta das persoas interesadas.
Requisitos:
- Nacer entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008.
- Estar matriculado/a no curso 2024-2025 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
- Bacharelato
- Ensinos profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de Artes Plásticas e Deseño
- Grao medio de ensinos deportivos
- Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
- Obter no curso 2024-2025 unha bolsa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes (bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2024-2025, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios).
- Ter aprobadas todas as materias do curso 2023-2024, na data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 9 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculadas/os en ensinos bilingües, pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.
- Estar situado nun lugar da orde de prelación de solicitudes que lle permita a obtención dunha das bolsas convocadas.
Remuneración / Custo:
- A adxudicación da bolsa dará lugar á asignación dunha praza para participar na actividade que se desenvolverá en réxime de internado e pensión completa.
Máis información:
Anímate a participar nesta experiencia única de inmersión lingüística!
